Outra das bandas que máis gañas tiñamos de anunciar e que fará as delicias do noso público máis cañeiro. Xa fai 20 anos dende que romperon co seu “Silennce”, e con cada un dos seus 6 discos veñen dando pasos de xigante conseguindo crear un estilo propio e recoñecible que bebe do metal alternativo ou do metalcore entre outros. Triunfando a nivel nacional, os nosos veciños vigueses veñen cargados dos que xa poden ser considerados himnos como “Ombligos”, “Mi Capitán” ou “En Globo”.
O 30 de xuño teremos a oportunidade de deixar a gorxa con eles na Feira Vella!