Se o JJ Copas é a nosa casa, unha gran parte da banda sonora da nosa vida saíu das mans de 𝗗𝗝 𝗢𝘀𝗰𝘂𝗿𝗼. Aquel nadal, aqueles aniversarios, aquela noite que ligaches, aquel concerto tolo, aquela noite que saíches de casa pensando en tomar unha rápida e acabaches vendo amencer… todas coa música de fondo do noso querido Tista.


Eternamente novo, e sempre cun sorriso, serve de nexo xeracional a toda unha comarca. Poucas cousas pódennos facer máis ilusión que que sexa el quen poña a música do escenario JJ Copas o venres 5 e sábado 6 de xullo no parque da Feira Vella.


Porque estar esas noites no Rock in Río Tea, será estar na casa.