O dúo formado por María Soa e Sara Faro virá a Ponteareas a presentar o seu primeiro disco Acrópole que, malia sair en febreiro, é considerado xa o disco en galego do ano. Nel, a través de melodías tradicionais, pop e electrónica confeccionan unha viaxe ata os mitos femininos gregos para establecer paralelismos e cuestionar un presente que non semella tan distante daqueles tempos.

O 1 de xullo subiremos todos a Acrópole a reescribir a historia

 

Escoita