León Benavente é unha das grandes bandas de referencia do rock nacional e unha das que máis ganas tiñamos de traer ó festival. Pasou unha década desde que en 2013 publicaron o seu homónimo primeiro disco, dez anos polos que ademais de encher salas, recintos e festivais, contentando a milleiros, sacaron algunhas das cancións máis emblemáticas da música en castelán nos últimos anos, porque quen non berrou e se sentiu parte de Ser Brigada?

O 1 de xullo teremos o privilexio de velos na Feira Vella de maneira gratuíta. Grazas ao Concello de Ponteareas por facelo posible.

 

Escoita