María Gabeiras é unha cantante e compositora viguesa. Participou en diversos concursos recoñecidos do panorama musical nacional, como “La Voz”, no 2017, ou o concurso de bandas “Sonidos Mans”, en 2021, dirixido a bandas emerxentes españolas, no que foi seleccionada coma finalista.

 

No 2020, María preséntase no panorama musical independente con “Pequeñas Historias”, o seu álbum debut. A xoven artista galega agasállanos cun EP de catro cancións gravadas no estudo da súa casa. Catro historias narradas cunhas letras cheas de sensibilidade que logran remover os sentimentos, evocar poéticas imaxes e construir un universo musical que merece a pena descubrir. E todo cunha honestidade que che deixa sen palabras. En 2021, estivo nominada na categoría de “Mellor Artista Emerxente” dos “Premios MIN de la Música Independiente”.

 

Tras estas vivencias, María participa no Programa de Mentoring de Descúbreas II, no que grava o seu sinxelo: “Impuntual”. Unha balada pop que segue o ronsel do seu álbum debut, cunha letra que abanea os sentimentos máis profundos. O tema está dedicado a esa persoa á que por moitas oportunidades que lle dás, nunca é capaz de aproveitalas. Como a propia artista destaca: “é unha canción para unha persoa coa que tentas quedar para sempre. Pero sempre impuntual, nunha estación na que xa non a estás esperando”. “Impuntual” sonou en diferentes emisoras como “Los 40 Principales”.

 

Ó rematar Descúbreas Mentoring, María regresa a Madrid onde traballa nun selo discográfico. Ademáis, realiza diferentes entrevistas en revistas coma “LIGIONE” e continúa creando novas composicións e preparando lanzamentos.

 

Escoita