Gústanos estar alerta ante o nacemento de novas bandas, pero esta fixo saltar todas as 🚨 alarmas 🚨 do Rock in Río Tea. Cando soubemos da existencia de Vimbio, enseguida vimos que estabamos ante algo moi interesante. Tras poucos segundos de escoita do seu primeiro sencillo, foi unánime: teñen que estar no festival! 👏 🎶 O novo proxecto de Álex Arnoso (Sondarúa) mestura a súa querenza natural polo metal coa súa maestría e flow co rap. Pero ademais rodeouse de auténticos “pesos pesados” de bandas de metal alternativo dos 90 e 2000 en Galicia como Gravesen ou Martillo. Xa podes escoitar 🎧 “Insisto” nas principais plataformas de streaming. Soa “hardcorísimo”, potentísimo, animal…
#rockinriotea #festivales2024 #festivalesengalicia #ponteareas #vimbio #rock