Quizais sexa un pouco presuntuoso dicir que, con Alteanos, o Rock in Río Tea empeza a recoller os seus froitos 🍒. Pero aínda así fainos ilusión pensar que puxemos un pequeno gran de area na motivación d@s moz@s ponteareáns para lanzarse a crear novas bandas 🎶.
David, Diego, Carla, Noel e Mateo desbordan talento e espontaneidade. Creceron e formáronse co Rock in Río Tea de fondo 🤘. Xa pisaron o escenario da Feira Vella como alumnos da Rock School CDM en anos anteriores e agora lánzanse a descubrir a súa propia voz. E encántanos que o fagan no noso festival. 🥳
Non podemos estar máis orgullosos. 🥰