Algunha vez te namorache dunha banda despois de 4 acordes? Podería pasarche o 1 de xullo na Feira Vella. Sonido “british”, bases poderosas e riffs afiados, sen renunciar a melodías redondas que fan evolucionar as súas cancións a hits. Letras que falan de temas universais que conectan coa súa xeración misturanse nun directo divertidísimo e algo salvaxe, pensado para saltar dende o minuto un ata o último bis. A actitude e a intensidade non se negocian.

Para os que coleccionades esas etiquetas que tan pouco nos importan no Rock in Río Tea podemos colgarlles as de punk-rock, post-punk, indie-rock, rock…Collede a que máis cómodos vos faga sentir e apuntade Venturi como a vosa próxima banda favorita.

 

Escoita